Infantil: «A nena que quería navegar»

Auditorio Municipal de Ourense Rúa da Canle, nº 2, Ourense, Ourense, España

A Nena está farta de ser o centro das mofas dos seus compañeiros, e por iso foxe da escola coa intención de non volver nunca máis. Na súa aventura topará co Xeadeiro, un ser máxico e vital, que lle devolverá a autoestima perdida. Ensinaralle que dentro de cada un de nós se agocha un ser […]

3€

Cine: «Grandma»

Afundación Praza Maior, 4, Ourense, Ourense, España

Pechando o ciclo de cine «60+ counts: orgullo de ser maior», de acceso libre e gratuíto ata completar capacidade, o espectador poderá visionar "Grandma" (2015) o día 24 deste mes, na sede de Afundación en Ourense. A longametraxe, que foi dirixida por Paul Weitz, achega a historia de Sage e a súa avoa, a quen […]

Cine: «A vida na terra»

Biblioteca Pública de Ourense r/ Concello, 11, Ourense, Ourense, España

Reiniciada a colaboración do Cineclube Padre Feijoo co Cgai-Filmoteca de Galicia, proxecta esta tarde "A vida na terra",  a primeira película de Abderrahmane Sissako do ano 1998, o celebrado director de "Timbuktu", unha breve pero sincera comedia autobiográfica na que tamén intervén como actor. Haberá sesións ás 20.30 e ás 23.00 horas.

2€

Festival Renacer

Auditorio Municipal de Ourense Rúa da Canle, nº 2, Ourense, Ourense, España

A Asociación Renacer Ourense, para conmemorar o Día nacional do dano cerebral adquirido, conta entre o seu programa co espectáculo The Rebel. Os beneficios das entradas (15 euros) irán destinados á asociación. Entradas á venda en www.ataquilla.com e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.

15€

Cine: «A nosa pequena irmá»

Biblioteca Pública de Ourense r/ Concello, 11, Ourense, Ourense, España

O Cineclube Padre Feijoo proxecta este mércores 26 de outubro "A nosa pequena irmá"de Hirokazu Koreeda. Koreeda confirma a súa condición de herdeiro de grandes mestres da filmografía nipona como Ozu, Kurosawa ou Naruse: a partir dunha novela gráfica destinada ao público feminino extrae unha historia familiar onde a radiografía do cotián contribúe a superar […]

4€ – 5€

I Encontro na Raia

Museo da Limia Rúa Celanova, 63, Vilar de Santos, Ourense, España

O Museo Etnográfico da Limia organiza, o vindeiro sábado 29 de outubro, en colaboración coa taberna cultural A Arca da Noe e o IGESIP (Instituto Galego de Estudos Internacionais e da Paz), o seu I Encotro na Raia. A cita reunirá conferencias, libros, poesía e concertos. O evento comeza ás 10:30 da mañá, no Museo, […]

Contacontos

Biblioteca Pública de Verín Av. de Portugal, 11, Verín, Ourense, España

O vindeiro sábado 29 de outubro, ás 12.00 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín contará coa presenza dá actriz, e contadora de contos, Raquel Queizás  que interpretará un conta contos que leva por título "O medo hai que entretelo". Raquel Queizas, nome artístico que fai honor ao seu pobo, é unha vella amiga e […]

Infantil: «O conto da Azuzaina»

Auditorio Municipal de Ourense Rúa da Canle, nº 2, Ourense, Ourense, España

Á imprenta de Azuzaina chega un encargo urxente: o libro das familias. Os operarios terán que dar o mellor de si e empregar as máis tolas e divertidas estratexias para completar o traballo a tempo. Espectáculo que achega a diversidade familiar na sociedade actual, fomentando a tolerancia, respecto e empatía. TEATRO 12h Sala Principal + […]

3€

Actuación de Gabri Fernández

Queixumes dos Pinos r/Zurbarán, 25, baixo, Ourense, Ourense, España

Este domingo dentro da programación cultural de Domingos en Festa da Agrupción Folclorica Queixumes dos Pinos actuara o artista ourensán Gabri Fernandez ás 12.30 horas na sede de Queixumes dos Pinos no barrio do Couto. Entrada donativo de 1 €.

1€

Espectáculo: «O rueiro das liortas»

Edificio Multiusos de Cea Praza Maior, 1, San Cristovo de Cea, Ourense, España

"O rueiro das liortas", nova proposta do programa de dinamización lingüística 'FalaRedes', chega esta fin de semana ao concellode San Cristovo de Cea –pertencente á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta- da man da Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística. A peza teatral está especialmente pensada para […]