Exposición: COFEPO
Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación r/ Progreso, 30, Ourense, OurenseExposición de trens. COFEPO (Colección Fernández-Pacheco Outeiriño) é unha coleccción permanente de trens escala H0 integrada por máis de 5.000 pezas, máis de 300 libros, folletos, revistas, catálogos e vídeos sobre o tema. Foi reunida polo matrimonio Fernández Pacheco - Outeiriño, e tivo o seu comezo na apaixonada e ininterrompida afección de Manuel Fernández Pacheco polos trens desde a […]
Conferencia: “Formas graníticas na Provincia de Ourense”
Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación r/ Progreso, 30, Ourense, OurenseDía 19, mércores, ás 19:30 horas: Conferencia: “Formas graníticas na Provincia de Ourense” por o xeólogo, e profesor da Universidade de Vigo, don José Ramón Seara Valero. Centro Cultural Marcos Valcárcel. Progreso 30.
Alfombras para o Camiño chega a Allariz este sábado
Allariz Allariz, OurenseAlfombras para o Camiño chega a Allariz este sábado A iniciativa da Comisión Xestora de Entidades Alfombristas do Camiño de Santiago, chega este sábado 22 de maio a Allariz, co proxecto Alfombra para o Camiño. A vila alaricana foi a escollida como representante do “Camiño da Prata” e acollerá na xornada do sábado a confección […]
Exposición: Con todo orgullo
Galería Visol (Santo Domingo, 33 -Ourense-)Exposición na Galería Visol (Santo Domingo, 33) "Con todo orgullo" Ata o 6 de xullo
Campionato de Galicia de kungfu moderno
Pavillón municipal dos Remedioscampionato de Galicia de kungfu moderno Sábado, 12 de xuño, pavillóns Os Remedios, a partir das 10.30 horas
Teatro: “A lingua das bolboretas”
Auditorio Municipal de Verín Camiño a Balneario de Sousas, Verín, OurenseA compañía Sarabela representa en Verín a obra “A lingua das bolboretas” O vindeiro 20 de xuño, ás 20:30 horas, o Auditorio Municipal de Verín acolle a representación teatral da obra “A lingua das bolboretas”, baseada nunha historia de Manuel Rivas e dirixida por Gonçalo Guerreiro. As entradas, que xa están á venda en www.ataquilla.com, […]
XII Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas
San Cristovo de CeaO campo de Saleta en San Cristovo de Cea reunirá o próximo domingo, 3 de xullo, a 300 gaiteiros de 19 agrupacións chegados de todas as provincias galegas, Asturias e Portugal no XII Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas.
Conferencia en Celanova
Casa dos Poetas -Celanova-.A Casa dos Poetas acolle este xoves, 29 de xullo, a conferencia organizada polo Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova a conferencia "Xosé Velo e o Galeuzka de 1959 en Caracas" impartida por Xosé Estézfez, profesor emérito da Universidade de Deusto. O acto terá lugar ás 20 horas na Horta da Palabra seguindo […]
Concerto en Barbadás: O Sonoro Maxín
parque dos Patos - A ValenzáO xoves, 29 de xullo ás 21 horas, actuación de O Sonoro Maxín no parque dos Patos da Valenzá.
Cine en Allariz: «Nanuk, o esquimal»
Hotel OCA Vila de AllarizO xoves, 29 de xullo, ás 22 horas, no Hotel OCA Vila de Allariz, ao aire libre, a Fundación Vicente Risco proxectará a película "Nanuk, o esquimal" con música en directo dentro do ciclo Carpervek. "Nanuk, o esquimal", dirixida por Robert J. Flaherty en 1922, cunha duración de 79 minutos, é un documental pioneiro que […]