Obradoiro: O método científico
Biblioteca municipal O Cercado -Celanova-O venres, 22 de outubro, ás 17.30h a Biblioteca municipal "O Cercado" de Celanova acolle o obradoiro O método científico.
XIV Mostra de Teatro Amador «Terras do Orcellón»
Auditorio Manuel María - O Carballiño- O CarballiñoSábado 23 ás 20:30 horas no Auditorio Manuel María Teatro: "Fátum", do grupo O catre teatro.
Mago Teto en Verín
Auditorio Municipal de Verín Camiño a Balneario de Sousas, Verín, OurenseO domingo 24 de outubro, ás 19:00 horas, o Auditorio Municipal de Verín acolle o espectáculo de ilusionismo para todos os públicos “O Camiño do Afilador”, que xira ao redor dunha roda de afiar dos anos trinta, herdada polo Mago Teto dos seus ancestros.
XIV Mostra de Teatro Amador «Terras do Orcellón»
Auditorio Manuel María - O Carballiño- O CarballiñoDomingo 24 ás 20:30 horas no Auditorio Manuel María Teatro: "Lisístrata", do grupo Teatrino
XI Xornadas Romasanta
Fundación Vicente Risco (Allariz)A Fundación Vicente Risco acolle as XI Xornadas Romasanta os días 29 e 30 de outubro.
Allariz de Medo
Allariz Allariz, OurenseA quinta edición do Allariz de Medo celebrarase do 29 de outubro ao 1 de novembro.
Actuación musical Piperegrinos
Auditorio Municipal de Verín Camiño a Balneario de Sousas, Verín, OurenseA actuación musical “Piperegrinos”, programada para o vindeiro domingo 31 de outubro ás 12 horas na Praza Maior, trasladarase ao Auditorio Municipal de Verín debido ás malas previsións meteorolóxicas, que anuncian choiva.
Magosto popular en Verín
praza Maior VerínO vindeiro sábado, 6 de novembro, o Concello de Verín celebra un magosto popular na Praza Maior da vila. Os asistentes ao evento, que comezará ás 19:00 horas, poderán degustar castañas de balde e desfrutar dunha divertida xornada de festa, como non podía ser doutra maneira, con foliada aberta e baile.
Magosto en Vilardevós
VilardevósO sábado, 13 de novembro, a partir das 20.30 horas, na praza do Cruceiro de Vilardevós Magosto popular con churrasco, panceta, chourizos, castañas, pan, bica, viño auga e licores. Prezo: adultos (10 euros); nenos (5 euros). Tamén haberá baile amenizado co dúo Óscar & Sonia.
Teatro: A lingua das bolboretas
Auditorio Municipal de Ourense Rúa da Canle, nº 2, Ourense, OurenseVenres, 19 de novembro, ás 20.30h Sarabela Teatro presenta A lingua das bolboretas no Auditorio de Ourense.