O Secretario Xeral de Deportes da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa recibiu a 24 deportistas ourensán que lograron ser campións de España nas súas modalidades deportivas.
Lete Lasa fíxo entrega dun diploma aos 24 deportistas polos seus éxitos entre os anos 2013 e 2014 (sendo campións de España), e quixo recordar que todos eles «son o espello para as xeracións máis novas, promovendo os hábitos de vida saudables e favorecendo que a alta competición en Galicia manteña no futuro a súa actual puxanza».
Os 24 deportistas ourensáns que lograron ser campións de España entre os anos 2013 e 2014 foron:
No ciclismo (BTT), Pablo Rodríguez Guede; de hípica, Juan Francisco Fernández Muñoz e Alberto Ferrol Martínez; de judo (wu-shu), Arcadio Álvarez Zurbano, José Manuel Ferreira Colmenero e Ezequiel Gago Troitiño; de piragüismo, Sergio Ruíz Paz; de remo, Anna Yuchenko Kirichenko; de tiro con arco, José Manuel Fernández Rodríguez; en ximnasia, Carlos Trigo Seguín e Daniel Pérez Morales; en kung fu os campións foron Sergio dos Santos Fernández, Antonio Barrora Baez, Guillermo Carro Delgado, Ngagne Faye, Enso Garrido Bouso, Sergio Parga Nores, Andrés Piñeiro Fernández, Adriana Rial Justo, Saúl Rodríguez Prieto, Jonathan do Nascimento Penín, Brais Castro Rodríguez, Oscar García Armesto e Iago da Costa Fernández.