O proxecto inclúe a substitución do chan e bancadas para unha óptima posta ao día destas instalacións que usan a diario centos de deportistas.

O Concello de Ourense licitou a contratación das obras de Reforma do Anexo do Pavillón municipal de Deportes dos Remedios. Unha intervención que vai supoñer un investimento de 290.407,97 euros.

Obras
O proxecto prevé a substitución do chan e as bancadas deste anexo, e será posible grazas a un convenio de colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, que achegará 200.000 euros e á que o Concello adicará outros 100.000.

Prazo
As empresas interesadas dispoñen dun prazo de 26 días naturais desde mañá para presentar as súas ofertas. Os criterios de adxudicación do contrato serán a oferta económica, que contará ata 75 puntos e a redución do prazo de execución (estimado en 2 meses), 25.

Desde 1989, ano da súa creación, mantense coas actuais dimensións e as mesmas características fundamentais coas que conta na actualidade.