Este domingo celébrase a 32ª edición dun evento que reúne a familias enteiras.

32 anos do Día da Bici

Aló polo 1984 celebrouse a primeira edición  do Día da Bici. 32 anos despois continúa sendo un referente para familias enteiras.

E é que ese maiores e pequenos non se queren perder un día eminentemente festivo e coa bicicleta como protagonista.

Este ano celebrarase o domingo 16 de outubro a partir das 12 da mañá. Con saída e chegada, como vén sendo habitual, desde a Alameda. E ao finalizar, sorteos de agasallos entre todos os inscritos.

Inscricións
As inscricións están abertas ata o sábado 15 e pódense realizar nunha carpa situada no Paseo ou en Ciclos Moure (rúa Camino Caneiro).
A organización dispón de 3.000 bolsas para regalar aos primeiros inscritos; 1.800 delas levarán dentro unha camiseta que tocará aleatoriamente. Desde a organización recomendan que as bolsas con camisetas sexan para os máis cativos, que son para quen realmente está enfocado este día.

Itinerario
O percorrido da proba é o de sempre: saída desde a Alameda do Concello para continuar por Marcelo Macías, Avenida de Portugal, Ervedelo, Progreso, Pardo de Cela, Ponte do Milenio, Xesús Pousa, Eulogio Gómez Franqueira, Río Arnoia, Avenida de Santiago e das Caldas, Vicente Risco, ponte Nova, Curros Enríquez, Sáenz Díez, Progreso e regreso á Alameda.
Unha vez rematada a proba realizaranse os sorteos dos distintos agasallos. Este ano sortearanse catro bicis con cascos, cinco vales dobres de masaxes nas Termas de Outariz e dúas fins de semana para dúas persoas nun balneario.