La artista ourensana Tamara Feijoo inaugura el próximo 17 de junio a las 20 horas en la Galería Marisa Marimón la exposición “La imagen fantasma”. Licenciada en Bellas Artes por la Facultad de Pontevedra, Feijoo compagina su actividad artística con trabajos de diseño e ilustración. Utiliza como medio de expresión el dibujo y la pintura. […]
La Obra Social ”la Caixa” y el Ayuntamiento de Ourense presentan la exposición "Ilusionismo, ¿magia o ciencia?". Convertirse en una araña, ver levitar un gran engranaje, crecer y empequeñecer como lo hizo Alicia en el país de las maravillas... Los visitantes de la exposición Ilusionismo, ¿magia o ciencia? podrán experimentar todas estas ilusiones, y muchas […]
Rodeira en b/n, ou monocolor, é unha apreciación persoal do fotografo J.L Diz (O Carballiño, 1950) que a retratou, xa que a praia de Rodeira, en Cangas do Morrazo, en realidade ten cor. As cores de identidade de Rodeira son basicamente azul e amarelo: Azul por o mar que ten ó fronte e parcialmente a […]
Dentro da sección LUNS DE FILMOTECA en colaboración co CGAI-Filmoteca de Galicia, proxéctase ás 20:30 e 23 horas, en VOScastelán "AS 1001 NOITES VOLUME 1, O INQUIETO", de Miguel Gomes. Nun país europeo en crise, Portugal, un director proponse construír ficcións a partir da miserable realidade que lle rodea. Pero incapaz de atopar sentido ao […]
El martes 27 de septiembre a las 20 horas en el Liceo de Ourense se presenta el libro "Piedad Popular y Liturgia III", del delegado episcopal de Liturgia, Ramiro González Cougil. En el acto intervendrán, además del autor, el obispo de Ourense y el vicario para la Nueva Evangelización. En esta publicación, precedida de otros […]
O Centro de Maiores Afundación acollerá mañá mércores ás 18.00 h a charla coloquio «Pon un dietista na túa vida e gaña en saúde». Esta iniciativa será impartida pola nutriscionista, Marisol López Reyes, e ten como obxectivo amosar a importancia dunha alimentación equilibrada como un dos hábitos con maior capacidade para lograr unha boa saúde […]
O Cineclube Padre Feijoo inicia un ciclo adicado ao cine do Extremo Oriente: "Tránsito Asia", coa proxección de "Cautiva" este mércores 28 de setembro. Therese Bourgoine, unha voluntaria francesa que participa nunha misión humanitaria na illa de Palawan, un territorio salvaxe de xunglas e montañas, é secuestrda polo grupo «Abu Sayyaf», un movemento xihadista que […]
A Asociación Vía Vella de Ponte Canedo coorganiza unha charla-coloquio sobre "O dereito a unha morte digna: os dereitos das pesroas ante o seu final", coa intervención de Asunción Cambrón Infante e Emilia Irimia Fernández, da Asociación Dereito a Morrer Dignamente Galicia, que estarán presentadas pola avogada Celia Pereira Porto.
George e Margaret deben defender as súas fronteiras. Os veciños están aí, axexando, esperando a cruzar ao mínimo descoido. Pero, cando Margaret comeza a facer demasiadas preguntas, a comedia musical que era a súa vida tórnase unha salvaxe traxedia. “Fronteiras, malditas, aquí e alá, malditas, en cada recuncho do planeta, malditas, invisibles ou sólidas, malditas, […]
La galería de Arte Visol, presenta el nuevo proyecto de escultura del escultor Tino Canicoba: "Terra". La exposición se inaugura este sábado 1 de octubre a las 20 horas. Estará abierta al público hasta el próximo 28 de octubre, en horario de martes a sábado de 18:30 a 21 horas y sábados de 12 a […]
Dentro das actividades do Outono Fotográfico, o próximo venres 30 de setembro, ás 20 h, o Museo Etnolóxico inaugura a exposición "Fogo sagrado: fogo, festa, rito". Fotografías de Demetrio Monteagudo González, no local social da igrexa da Madalena, praza da Madalena, Ribadavia. A exposición poderase ver en horario de 12 a 14 e de 17 […]
A Academia Galega do Audiovisual, a Orquestra Sinfónica de Galicia e a Fundación SGAE traen a Ourense este venres o concerto "Bandas sonoras do cine español" a cargo da Orquestra Sinfónica de Galicia, dentro da programación da "Semana das Músicas do Audiovisual". A cita é ás 20 horas no Auditorio de Ourense e a entrada […]
O venres 30 de setembro ás 20:30 horas haberá a presentación na sede da Fundación Vicente Risco en Allariz da obra "Transición", de Pablo Fernández Barba. Obra gañadora da XVI edición do Premio Risco de Creación Literaria, patrocinado polo Concello de Ourense. Con esta obra principia o selo editorial Alveiros, unha colaboracion entre a Fundación […]
Por quinto ano consecutivo a Federación de AA.VV de Ourense Limiar organiza o V Certame de Música Popular Galega, para fomentar e potenciar as agrupacións das Asociación de Veciños de Ourense. En dita actividade contan coa colaboración da Concellería de Participación Cidadá e do Teatro Principal de Ourense. O acto terá lugar este xoves ás […]
A Asociación O Tangaranho promove este sábado na Valenzá o Festival Tangaranho Rock, que conta coa colaboración da Concellaría de Turismo e Promoción Económica de Barbadás e a Deputación de Ourense. O evento terá lugar o día 1 de outubro, na zona do río da Valenzá, (onde se celebran as festas patronais) desde as 21 […]
Sarabela Teatro presenta “O secuestro da bibliotecaria” o 1 de outubro na Casa da Cultura da Valenzá, con dirección e dramaturxia de Fina Calleja baseada no conto de Margaret Mahy. A obra está dirixida a público a partir de 6 anos. A entrada é gratuíta, previa recollida da invitación na Casa da Cultura e ata […]
Cervantina é unha nova aproximación de Ron Lalá ao universo creativo do maior autor das nosas letras. Textos diversos, versos, versións e diversións ao redor dun dos xenios indiscutibles da literatura universal. Unha festa de pezas breves que reúne sobre o escenario as adaptacións “ronlaleras” dalgunhas novelas exemplares e entremeses, ademais de fragmentos de pezas […]
A compañía de teatro Malasombra presenta en Celanova a súa obra "O Día do Pai" o sábado 1 de outubro ás 21 horas no Auditorio Municipal Ilduara. Comedia dirixida a maiores de 16 anos. Sinopse Tres homes de aspecto e condición social moi distintos, foron citados nunha clínica de reproducción asistida. Descoñecen o motivo, pero […]
Introdúcese ao espectador no intre en que Mozart está a soñar e crear a música que, para o libreto dunha ópera lle trae o empresario teatral Emanuel Schikaneder, a modo de teatro represéntanse diferentes escenas con mímica e música con instrumentos interpretada polo quinteto Zoar e explicadas en clave de humor polo actor- narrador que […]
Dentro da sección Luns de Filmoteca do Cineclube Padre Feijoo e en colaboración co CGAI-Filmoteca de Galicia, o vindeiro luns 3 de outubro proxéctase ás 20:30 e 23 horas, en VOScastelán, "As 1001 Noites Volume 2, O desolado" de Miguel Gomes. Nun país europeo en crise, Portugal, un director proponse construír ficcións a partir da […]
O martes 4 de outubro o Liceo de Ourense acolle a presentación da nova novela do escritor Alberto Canal, "O amor nos escuros días de Birkenau", editado por Xerais. É o amor a mellor arma para loitar contra a barbarie da sinrazón humana? Pode alguén confiar na bondade dese sentimento nun lugar onde hai que […]
A exposición “Cenlle: Terra, Xente, Viño”, que reúne imaxes do fotógrafo Matteo Bertolino, inaugurarase o vindeiro mércores día 5 ás 19.00 horas no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, onde poderá visitarse ata o 23 de outubro. A iniciativa nace co obxectivo de dar a coñecer este municipio e os seus caldos e, tras o […]
Dentro do ciclo Tránsito Asia do Cineclube Padre Feijoo, este mércores 5 de outubro se proxecta "Agora si, antes non" do coreano Hong Sang-Soo. Sesións ás 18, 20.30 e 23 horas con entrada a 4 euros para asociados e 5 euros para público en xeral. Sinopse Un director de cine independente sae a cear e […]
O vindeiro xoves 6 de outubro ás 19:30 horas, a Biblioteca do Concello de Verín acolle a presentación do libro "ALBIÓN GALAICA”. Unha viaxe polas antigüidades e tradicións de Gales e Inglaterra" do autor Miguel Losada. Este libro recolle as experiencias do autor Miguel Losada e de Rafa Quintía, quen asina o prólogo, vivencias e […]
El jueves 6 de octubre, a las 20:15 horas, Monseñor Mario Iceta, obispo de Bilbao y presidente de la Comisión Episcopal de Familia y Vida, quien fue además representante de la CEE en el Sínodo de la Familia, ofrecerá en el Centro Cultural Marcos Valcárcel una ponencia sobre “Claves para la renovación de la pastoral […]
A Real Filharmonía de Galicia abre a 4ª edición do Ciclo de Música Enclave de Cámara, nunha colaboración especial na que participan James Dahlgren como concertino-director, Javier Simó, Ramón Llátser e Diego Aragón, como trompetas e 22 músicos da Filharmonía. A cita é o xoves 6 de outubro ás 20.30 horas no Teatro Principal. O […]
A Mr. Round encántanlle todos aqueles obxectos redondos, cada día sae á rúa en busca dos máis curiosos obxectos con forma de circunferencia, obxectos que se agochan dentro dun feixe de historias que quedan por descubrir... TEATRO PARA BEBÉS 18h Sala APEGO Ata 4 anos 35m Entradas: www.ataquilla.com, no teléfono 902 504 500, na Sede […]
A Companyia Pelmànec presenta "El avaro" dentro da programación do 9º Festival Internacional de Teatro de Ourense. Sinopse A avaricia define a Harpagón. Usureiro e especulador, sen amigos, ninguén quere a este vello. O seu desexo por Marina, unha mociña encantadora con quen quere casar a pesar da súa pobreza, farao aínda máis desprezable e […]
O ciclo de cine de outono "Miradas Etnográficas 4" organizado polo Cineclube Padre Feijoo no Museo Etnolóxico de Ribadavia proxecta este venres 7 de outubro o filme "Asolagados" de Daviz Vázquez. Haberá un único pase ás 20:30 horas con entrada de balde. Sinopse Documental sobre a xente e os pobos (Abideira, Porto, Castro Candaz, Santa […]
Os días 8 e 9 de outubro Ourense será, co "Pulpo Extreme", o epicentro nacionaldo skate, BMX, roller e MTB dountown. Expourense e o casco vello da cidade serán as sedes deste evento. Tamén haberá beaking, concurso de graffitti e unha zona de food truck e unha área infantil (en Expourense).
O Campus Ourense Rugby buscará a segunda vitoria da tempada diante do Durango. O partido da cuarta xornada disputarase o sábado 8 de outubro no Campus de Ourense dende as 14 horas.
A compañía andaluza Rolabola presenta "Circo mediterráneo" dentro da programación do 9º Festival Internacional de Teatro de Ourense. Será o 8 de outubro ás 19 horas no Parque Barbaña. Sinopse O Circo mediterráneo é un espectáculo, en formato cabaré, que recolle o mellor da tradición circense incorporando as características artísticas propias do circo contemporáneo. O […]
A compañía danesa Granhøj Dans presenta "Petrushka-Extended" dentro da programación do 9º Festival Internacional de Teatro de Ourense. Será o sábado 8 de outubro ás 20:30 horas no Teatro Principal. Sinopse En Petrushka-Extended, Palle Granhøj explora unha vez máis o interior da linguaxe da danza. Por segunda vez Granhøj fai fincapé na fusión entre a […]
Flora é unha actriz que sobe ao faiado para facer unha limpeza xeral...en cada recuncho agárdanlle moitas sorpresas. Cando no vello baúl atopa a Carapuchiña Vermella comeza o xogo... TEATRO 12h Sala Principal + 3 anos 45m Entradas: www.ataquilla.com, no teléfono 902 504 500, na Sede de Afundación (Praza Maior, 4) e na billeteira do […]
O Sala Ourense recibe o domingo 9 de outubro ao Santiago Futsal B a partir das 12 horas no anexo dos Remedios. O encontro ten lugar na cuarta xornada da Terceira división.
O Cidades As Burgas recibe ao Majadahonda na xornada número 5 da Primeira división de fútbol sala. O encontro disputarase na cancha central dos Remedios o domingo 9 de outubro a partir das 12 horas.
No Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense pode visitarse ata o 20 de outubro a exposición “Saúde e Terra, irmá(n)s!”, que amosa o legado das Irmandades da Fala. “Saúde e Terra, irmá(n)s!” conta cunha comisión organizadora na que participaron Margarita Ledo Andión e Henrique Monteagudo en representación da Real Academia Galega, Xusto Beramendi […]
O Ateneo de Ourense acolle ata final de mes a exposición de Luis Vecino e Ángel Soldevilla "Disonancias. El aburrimiento o el derecho a no hacer". Dous ourensáns que unen a súa creatividade e móstrana no Ateneo de Ourense. Ángel Soldevilla empezou no mundo da creación literaria publicando o seu primeiro poemario en 2011, titulado […]
No Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense vén de inaugurarse a exposición “Experimenta 10+1”, un proxecto expositivo colectivo no que os artistas xogan co espazo, coa cor, o volume, a forma e a percepción do espectador. Pintura, escultura, debuxo, instalación, e mesmo vídeo, reflicten toda a multidisciplinariedade da arte contemporánea nas obras de […]
A Fundación Galicia Obra Social, Afundación, acollerá o luns, 10 de outubro ás 20.00 h, na súa sede de Ourense, a proxección da película "Nebraska" (2013) do director Alexander Payne. Esta iniciativa é parte do ciclo de cine «60+ counts: orgullo de ser maior», de acceso libre e gratuíto ata completar capacidade, que se prolongará […]
Dentro da sección Luns de Filmoteca do Cineclube Padre Feijoo e en colaboración co CGAI-Filmoteca de Galicia, o luns 10 de outubro proxéctase ás 20:30 e 23 horas, en VOScastelán, "As 1001 Noites Volume 3, O Encantado" de Miguel Gomes. Nun país europeo en crise, Portugal, un director proponse construír ficcións a partir da miserable […]
A compañía madrileña Los Hedonistas presenta "Cena de Pájaros" dentro da programación do 9º Festival Internacional de Teatro de Ourense. Será o martes 11 de outubro ás 20:30 horas no Teatro Principal. Sinopse Do tempo xorde o ser, a morte, o nacemento, o matar e comer outros seres vivos. A esencia da vida é devorarse […]
Este mércores 12 de outubro, ás 17:30 horas, haberá tíiteres e teatro para nenos na Fundación Vicente Risco de Allariz, a cargo de Livier Cruz, con "Un sueño naranja" A entrada custa 5 euros, sendo para Amigos Fundación Vicente Risco, Aira das Letras e Galería Circular de 3 euros.
A compañía Chévere presenta "As fillas bravas" dentro da programación do 9º Festival Internacional de Teatro de Ourense. Será o mércores 12 de outubro ás 20:30 horas no Auditorio Municipal. Sinopse Un grupo de cantareiras (tres irmás) ofrece un recital e entre canción e canción vai xurdindo un diálogo entre elas e co público sobre […]
A compañía A Panadaría presenta "Pan! Pan!" dentro do 9º Festival Internacional de Teatro de Ourense. Será o xoves 13 de outubro ás 20: 30 horas no Teatro Principal de Ourense. Sinopse "Pan!Pan!" é unha parodia, con música vocal en directo, dos wésterns americanos. Conta a historia de Harry, un cowboy que viaxa de Mississippi […]
A compañía Mulleres Creando presenta "Astraea" dentro da programación do 9º Festival Internacional de Teatro de Ourense. Será o venres 14 de outubro ás 19:30 horas na Sala Azul do Auditorio de Ourense. Sinopse Astraea é o escenario infinito no que dúas creadoras se mergullan para perpetuar a fusión de varias expresións artísticas. Unha sorte […]
Dentro da II Mostra de cinema en galego: Na lembranza, a Concellería de Cultura de Barbadás programa este venres "Continental", de Xavier Villaverde e Raúl Veiga. A entrada é gratuíta previa recollida de invitación na Casa da Cultura “Manuel María”. Sinopse A mediados do século XX dúas faccións mafiosas dispútanse a sala Continental, un bar-prostíbulo […]
A compañía andaluza Atalaya presenta "Así que pasen cinco años" dentro da programación do 9º Festival Internacional de Teatro de Ourense. Será o venres 14 de outubro, ás 23 horas no Auditorio Municipal. Sinopse "Así que pasen cinco años" recolle algúns dos temas da obra de Lorca como o tempo, o amor e a morte; […]
Espectáculo realizado a partir do poemario de Rafael Alberti. "Alberti, un mar de versos" é un espectáculo impregnado de poesía no movemento, no xesto, nas emocións, nos ritmos e nas imaxes que o conforman. É unha proposta escénica que agrupa diferentes disciplinas para converter a asistencia ao teatro nunha experiencia pracenteira que se fixe na […]
A compañía Mulleres Creando presenta o espectáculo "A deriva" dentro da programación do 9º Festival Internacional de Teatro de Ourense. Será o sábado 15 de outubro, ás 19:30 horas na sala azul do Auditorio Municipal. Sinopse As derivas son pezas curtas que emerxen a partir da peza escénica Verde a tempo completo. No caso que […]
A compañía galega Matarile Teatro presenta "Antes de la metralla, forcejeos, humedades y estrategias sobre tácticas teatrales" dentro da programación do 9º Festival Internacional de Teatro de Ourense. A cita é o sábado 15 de outubro ás 23 horas no Auditorio de Ourense. Sinopse "Antes de la metralla" non pretende ser unha representación. É un […]
O circo de Don Attilio chega á vila! A pista xa está montada na praza e o público agarda expectante a que comece o espectáculo. Por fin! Toni Bombillo, estrela do circo, poderá ver a súa amada María, a filla de Don Próspero, preboste do Barrio alto! Pero, onde se viu que unha marioneta de […]
A compañía chilena La llave maestra presenta "Nómadas" dentro da programación do 9º Festival Internacional de Teatro de Ourense. A cita é o domingo 16 de outubro ás 19 horas no Teatro Principal. Sinopse "Nómadas" fala sobre a experiencia do ser humano diante dunha situación de cambio de país, desarmar a casa para viaxar e […]
"The lady in the van" (2015) é a segunda película do ciclo de cine «60+ counts: orgullo de ser maior», de acceso libre e gratuíto ata completar capacidade, cuxa proxeción está prevista na sede de Afundación de Ourense para o 17 de outubro. Do director Nicholas Hynter, o filme británico, narra a historia de Mary […]
O Concello de Barbadás proxecta este venres 21 de outubro ás 21 horas na Casa da Cultura "Manuel María" da Valenzá a película “O agasallo de Silvia”, incluída na II Mostra de cinema galego: Na lembranza. Entrada gratuita previa recollida de invitación na Casa da Cultura. Sinopse Silvia é unha adolescente que tomou a decisión […]
A segunda edición do Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil da Universidade de Vigo, que nesta ocasión leva por título "Música e poesía dende a primeira infancia", continúa este mércores cunha conferencia de Uxía Domínguez Senlle, que falará sobre "A música, universo suxestivo para a infancia".Será a partir das 17 horas na Sala Emilia Pardo […]
El jueves 20 de octubre a las 20 horas en el salón de actos del Centro Cultural “Marcos Valcárcel” de la Diputación tendrá lugar el acto oficial de inauguración del curso 2016-2017 de la Academia Médico-Quirúrgica de Ourense. La ceremonia inaugural será presidida por Jesús Vázquez Almuiña, conselleiro de Sanidade en funciones y en la […]
Mañana comienzan las actividades de la XI Semana Cultural de la Asociación de Amigos Vía de la Plata Camiño Mozárabe, bajo el título de ‘Consolidación del Camino Mozárabe – Vía Plata’. A las 20 horas, María del Carmen Martínez Insua, directora xeral de Patrimonio de la Xunta, será la encargada de inaugurar las jornadas dedicadas a […]
O venres 21 de outubro, ás 20 horas, no Ateneo de Ourense terá lugar a presentación do libro: "Novas no exterior. 63.000 Quilómetros de viaxe e a cadea" de Xosé Luís Santos Cabanas, -poeta e narrador-, acompañado de Francisco Fernández Rei -académico, escritor, catedrático de Filoloxía Románica e filologo-, Xosé Antón Laxe Martiñan, -músico […]
Espectáculo de danza oriental, clásico oriental, Bollywood, Bellynesian e danza tribal, organizado pola academia Enka Danza Oriental co fin de recadar fondos a favor de ADO Ourense.
Para conmemorar as súas tres décadas na escena musical presenta "Martirio. 30 anos", 30 anos de carreira en 30 cancións que intentan respectar na medida do posible a orde cronolóxica dos lanzamentos discográficos ou concertos en directo aos que pertencen. Entradas á venda en www.ataquilla.com e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.
A Nena está farta de ser o centro das mofas dos seus compañeiros, e por iso foxe da escola coa intención de non volver nunca máis. Na súa aventura topará co Xeadeiro, un ser máxico e vital, que lle devolverá a autoestima perdida. Ensinaralle que dentro de cada un de nós se agocha un ser […]
A Sala de Exposicións de Verín acolle, ate o vindeiro día 5 de novembro a mostra ”Entropía” de pintor colombiano Carlos Santos. Santos, nativo de Cartaxena de Indias e afincado na Coruña, expón por primeira vez as súas obras en Verín. As gamas de cores, a síntese figurativa e a visión estrutural do cadro teñen […]
Pechando o ciclo de cine «60+ counts: orgullo de ser maior», de acceso libre e gratuíto ata completar capacidade, o espectador poderá visionar "Grandma" (2015) o día 24 deste mes, na sede de Afundación en Ourense. A longametraxe, que foi dirixida por Paul Weitz, achega a historia de Sage e a súa avoa, a quen […]
Reiniciada a colaboración do Cineclube Padre Feijoo co Cgai-Filmoteca de Galicia, proxecta esta tarde "A vida na terra", a primeira película de Abderrahmane Sissako do ano 1998, o celebrado director de "Timbuktu", unha breve pero sincera comedia autobiográfica na que tamén intervén como actor. Haberá sesións ás 20.30 e ás 23.00 horas.
A Asociación Renacer Ourense, para conmemorar o Día nacional do dano cerebral adquirido, conta entre o seu programa co espectáculo The Rebel. Os beneficios das entradas (15 euros) irán destinados á asociación. Entradas á venda en www.ataquilla.com e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.
O Cineclube Padre Feijoo proxecta este mércores 26 de outubro "A nosa pequena irmá"de Hirokazu Koreeda. Koreeda confirma a súa condición de herdeiro de grandes mestres da filmografía nipona como Ozu, Kurosawa ou Naruse: a partir dunha novela gráfica destinada ao público feminino extrae unha historia familiar onde a radiografía do cotián contribúe a superar […]
O Museo Etnográfico da Limia organiza, o vindeiro sábado 29 de outubro, en colaboración coa taberna cultural A Arca da Noe e o IGESIP (Instituto Galego de Estudos Internacionais e da Paz), o seu I Encotro na Raia. A cita reunirá conferencias, libros, poesía e concertos. O evento comeza ás 10:30 da mañá, no Museo, […]
O cine comercial volta a Verín dende este venres, cunha programación especial centrada nos filmes de estrea do xénero de terror para a ponte de Defuntos. O Goberno municipal retoma así o que califica como “exitoso experimento”, segundo o alcalde, Gerardo Seoane, “para fixar poboación as fins de semana na vila”, que concluíu na primeira […]
O Museo Etnográfico da Limia, situado en Vilar de Santos, seguindo co seu proxecto de participación e colaboración veciñal, vén de abrir ao público unha nova exposición, con aportacións de xente da Limia. Trátase dunha colección particular de monecas, cuxos titulares dos elementos expositivos son Sara Dacal e Pachi Fontarigo. Os interesados poderán ver a […]
O vindeiro sábado 29 de outubro, ás 12.00 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín contará coa presenza dá actriz, e contadora de contos, Raquel Queizás que interpretará un conta contos que leva por título "O medo hai que entretelo". Raquel Queizas, nome artístico que fai honor ao seu pobo, é unha vella amiga e […]
Á imprenta de Azuzaina chega un encargo urxente: o libro das familias. Os operarios terán que dar o mellor de si e empregar as máis tolas e divertidas estratexias para completar o traballo a tempo. Espectáculo que achega a diversidade familiar na sociedade actual, fomentando a tolerancia, respecto e empatía. TEATRO 12h Sala Principal + […]
Este domingo dentro da programación cultural de Domingos en Festa da Agrupción Folclorica Queixumes dos Pinos actuara o artista ourensán Gabri Fernandez ás 12.30 horas na sede de Queixumes dos Pinos no barrio do Couto. Entrada donativo de 1 €.
"O rueiro das liortas", nova proposta do programa de dinamización lingüística 'FalaRedes', chega esta fin de semana ao concellode San Cristovo de Cea –pertencente á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta- da man da Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística. A peza teatral está especialmente pensada para […]
El Museo del Gas de la Fundación Gas Natural Fenosa ha diseñado la exposición Energytruck, un camión itinerante que recorre, durante 2016, 111 municipios de la geografía española para hacer llegar los conocimientos relacionados con la energía, el medio ambiente y el patrimonio industrial de una forma amena, interactiva y con actividades didácticas conducidas por […]
Del 31 de octubre y hasta el 30 de noviembre, permanecerá abierta al público en Restaurante El Coto la exposición de los mejores trabajos del XX Certamen Fotográfico “Viña do Campo”, patrocinado por Bodegas Docampo e incluida en la programación del Outono Fotográfico. En dicha exposición, integrada por quince fotos, participan las siguientes obras: el […]
Dentro de la programación de la “II Semana da Inclusión Social”, la Fundación JuanSoñador organiza dos sesiones del cuentacuentos "La niña que daba pasos". La historia se apoya en una exposición gráfica con ilustraciones que nos recuerdan a muchas imágenes que vemos repetidamente en los medios de comunicación. Es la historia de una niña que […]
O Outono Fotográfico suma este ano unha nova sala de exposicións en Ourense. O Espazo de Arte Roberto Verino, situado na transitada rúa do Paseo é o lugar escollido polo festival para expor unha «sublime proposta que se enmarca de cheo na temática do festival deste ano, o Dentro-Fóra» di Vítor Nieves, curador da Sección […]
A asociación Amencer presenta a exposición "Etiopía, 13 meses de esplendor". Unha ollada a outra cultura, indo de extremo a extremo de Etiopía, para poder facer pequenas paradas e saborear un pouquiño da súa grande riqueza: máis de 81 dialectos, mestura de culturas, contraste de paisaxes… reflectido a través de 29 instantáneas que nos permiten […]
A exposición "Via Iacobitana" é unha nova expresión da creatividade contemporánea vinculada á cultura xacobea. Varios fotógrafos galegos que se transforman en eventuais peregrinos percorren os camiños de Santiago en Galicia e mostran, coa súa particular visión, as sensacións persoais que lles suxire a ruta elixida. Á visión da paisaxe circundante, cambiante segundo a época […]
A segunda edición do Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil do Campus de Ourense, que nesta ocasión leva por título "Músic ae Poesía dende a primeira infancia" , continúa este mércores cunha conferencia de Fran Alonso, que falará sobre "A experimentación poético-musical ao redor da lírica". A cita, organizada polas docentes da Facultade de Ciencias […]
Hoy 3 de noviembre a las 19:30h en el Aula Magna del Colegio Salesianos, dentro de la programación de la “II Semana da Inclusión Social” organizada por la Fundación JuanSoñador en colaboración con el Concello de Ourense, Javier Baeza impartirá una ponencia sobre "Acercamiento a la realidad de los últimos: menores, migrantes, personas privadas de […]
O Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense, xunto co Consello Regulador da D.O. Ribeiro, presentan á terceira edición de CATA A ARTE, coa cata de viños da bodega Alter e a interpretación de poesía e músical de Lucía Aldao. Terá lugar o 3 de novembro ás 20.00h. Está establecido un aforo máximo de 100 persoas por […]
O IV Ciclo de Música Enclave de Cámara presenta o xoves 3 de novembro o concerto do Cuarteto Akilone, formado por Emeline Concé (violín), Elise De-Bendelac (violín), Louise Desjardins (viola) e Lucie Mercat (violonchelo). O programa inclúe obras de Franz Joseph Haydn, Felix Mendelssohn e Maurice Ravel. O Cuarteto Akilone, aventura tanto humana como musical, […]
O vindeiro venres 4 de novembro, ás 19:30h. a Biblioteca do Concello de Verín acolle a conferencia "Educar a través das Emocións" de María Teresa Santamaría Hervella (directora do CRA de Monterrei) e Ángela Quintana Rguez. (mestre do CRA de Monterrei). Esta actividade que combina unha conferencia, unha sesión de contacontos e manualidades, ten por […]
El Webzine Musical CanedoRock.com celebra en Ourense su 13º aniversario el sábado 5 de noviembre, donde como en anteriores ocasiones el mejor rock es el protagonista. A las 12:30h se celebrará una Sesión Vermú en el Café cultural Auriense con los ourensanos &Johnson's. Una de las bandas incluidas en el II Rockopilatorio ourensán que serán […]
Ano 1952. Un maquis, un guerrilleiro, un resistente. Un dos últimos homes do monte. Dos que a xente podía chamar, xenericamente, un “foucellas”. Mesmo podería ser o Foucellas. Ou non. Ou si. Quen sabe! Firmeza, teimosía, dúbida, certeza, lealdade, inercia, utopía, inxenuidade, rebeldía, resignación, adaptabilidade, determinación...: as armas dunha crúa batalla dialéctica nun tempo terminal. […]