- Este evento ha pasado.
MITEU: «Adios Re»
23 abril, 2016 @ 7:00 pm - 7:45 pm
3€GRUPO BANDA KURENAI
PROCEDENCIA ITALIA
ESPECTÁCULO ADIOS RE
AUTORES RAFFAELLA RUSSO e DAVIDE ALOI
DIRECCIÓN RAFFAELLA RUSSO
Neal Cassady (1926/1967) heroe e musa da ‘beat generation’… Un descarado, cheo de enerxía, talento e gañas de correr. Neal percorre 20 anos de historia americana cun longo sorriso e un cigarro na boca. Xunto con Kerouac, Ginsberg e o seu grupo de amigos artistas procura algo que aínda hoxe tratamos de atopar. En poirentos coches, estes mozos percorren EEUU coas súas contradicións e nun mundo que cambia ao seu redor… pero eles tamén escriben a historia: nos bares, nas librerías, polas rúas de cidades descoñecidas, en pisos ateigados de papeis para escribir, nas vías das estacións nas que traballan. Quizais Neal e os seus amigos non saben, nin se decatan, de que a súa maneira de vivir e de buscar cambiará a xuventude do porvir. Ao seu redor xorden movementos, estilos, loitas que semellan non pertencerlles nunca. Cos pelos curtos, as súas camisas conxuntadas e as gañas de darlle un rumbo a todo o que se lles move dentro e que quere vivir, Neal, Jack e os demais, están demasiado fagocitados polas súas vidas para comprender que este cambio tamén lles pertence. O poético e conmovedor: unha xeración de homes e mulleres en marcha que cambia a percepción de ser mozos mentres o mundo muda e as novas xeracións cítanos coma os seus heroes.