- Este evento ha pasado.
MITEU: «Demediado»
30 abril, 2016 @ 8:30 pm - 10:00 pm
3€GRUPO MARICASTAÑA. AULA DE TEATRO UNIVERSITARIA DE OURENSE (NIVEL 3)
PROCEDENCIA GALICIA
ESPECTÁCULO DEMEDIADO
AUTOR DRAMATURXIA DE FERNANDO DACOSTA A PARTIR DE ‘O VIZCONDE DEMEDIADO’ DE ITALO CALVINO
DIRECCIÓN FERNANDO DACOSTA
Ás terras de Terralba chega un Doutor nun bidón. Acaba de deixar o barco do Capitán Cook.
Vanio, o neno ceibe do castelo, recíbeo.
Vanio contará a historia deses días en Terralba, os días nos que o Vizconde Medardo vai loitar contra os turcos e unha bala de canón párteo pola metade.
A historia da vila cambiará ao seu regreso, pois a que volve é a parte mala e iso afectará sobremaneira ao propio Vanio, que sofre varios ataques do Vizconde; ao Doutor, que non poderá buscar tranquilamente fogos fatuos nos cemiterios; a Pietro, que terá que construir máquinas marabillosas pensadas para a tortura; aos hugonotes, que esqueceron os seus ritos e teñen que simulalos
constantemente; aos leprosos que celebran grandes festas en Pratofungo; a Sebastiana, a nutriz; á vella Vizcondesa, criadora de paxaros; a Pamela, que sofre o amor do Vizconde; á vila e aos seus cidadáns… E cando todo parece estar baixo os designios da parte mala do Vizconde… sucede algo non previsto por ninguén.
Unha fábula de Calvino que reflexiona en clave de humor sobre o ben e o mal, sobre os comportamentos humanos, sobre a opresión do poder e a solidariedade entre os cidadáns. Un xogo constante no que 41 personaxes fan transitar ao espectador pola emoción, o riso, o conto máxico e a crúa realidade.
‘O Vizconde demediado’, obra independente en forma e sentido, é unha das partes da triloxía de Calvino sobre os antergos do home contemporáneo. As outras dúas obras son ‘O Barón rampante’ (Montada no ano 2006 pola Aula de Teatro Universitaria de Ourense ‘Maricastaña’) e ‘O Cabaleiro inexistente’ (que agardamos presentar nun futuro)