- Este evento ha pasado.
Música: Cuarteto Carducci
7 abril, 2016 @ 10:30 pm - 8 abril, 2016 @ 12:00 am
8€Con sede no Reino Unido, o Cuarteto Carducci está recoñecido hoxe en día como un dos cuartetos de corda de máis éxito, ofrecendo uns noventa concertos ao ano por todo o mundo. Ademais, organizan o seu propio festival anual en Highnam, Gloucester e teñen residencia na Universidade de Cardiff e a Dean Close School en Cheltenham.
Gañadores de competicións internacionais, incluíndo a Competición Internacional do Gremio de Artistas de Concerto de 2007 e o Primeiro Premio no Festival Finlandés Kuhmo de Música de Cámara, este cuarteto anglo-irlandés tivo presenza en gran cantidade de prestixiosas salas de todo o mundo; o Carnegie Hall de Nova York, a Librería do Congreso de Washington, Wigmore Hall en Londres, National Concert Hall en Dublín ou festivais como o West Cork Chamber Music Festival; e o Wratislavia Cantans Festival.
Entre as tempadas máis destacadas inclúese o debut do Cuarteto no centro John F. Kennedy, en Washington, e unha residencia no festival de música de Cheltenham. Célebres polas súas interpretacións e repertorio contemporáneo, o Cuarteto Carducci é convidado decote a estrear novos traballos, entre os máis significativos atópase o recente Cuarteto de Corda de John McCabe e os Quintetos de Óboe de Michael Berkeley e Sven-Ingo Koch con Nicholas Daniel.
O Cuarteto recibiu un amplo recoñecemento polas súas gravacións no seu propio selo discográfico; “Carducci Classics”.
En 2011, o Cuarteto foi nominado para o premio outorgado pola Filharmónica de Londres, polo seu concerto familiar Getting the Quartet Bug!, demostrando que o traballo educativo segue a ser importante para esta agrupación.
Programa
I Parte
–Wolfgang Amadeus Mozart (1756 – 1791) Cuarteto de cordas No. 17 en Si bemol maior K. 458, «A Caza» (28´) I. Allegro vivace assai II. Menuetto e Trio. Moderato III. Adagio IV. Allegro assai
-Dmitri Shostakovich (1906 – 1975) Cuarteto de cordas No.11, Op. 122 en Fa menor (16´) I. Introdución. Andantino II. Scherzo: Allegretto III. Recitativo: Adagio IV. Estudio: Allegro V. Humoresco: Allegro VI. Elexía: Adagio VII. Finale: Moderato
II Parte
-Ludwig van Beethoven (1770 – 1827) Cuarteto de cordas Op.59 no. 2 I. Allegro II. Allegretto vivace e sempre scherzando III. Adagio molto e mesto attaca IV. Théme russe. Allegro
Prezo das entradas entre 5 e 8 euros.