Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Música: Oviravai

9 abril, 2016 @ 8:00 pm - 9:00 pm

3€

O Auditorio Municipal de Ourense acollerá o primeiro concerto de presentación de «As andanzas de Paio», do grupo Oviravai, o sábado 9 de abril ás 18h.

Un novo personaxe está a piques de chegar á gran familia de libro-discos Sonárbore, que ten por obxectivo achegar a música de calidade aos máis pequenos e pequenas da casa. Nesta ocasión trátase de Paio, un teixugo viaxeiro que percorre medio mundo vivindo as máis emocionantes aventuras e que ao longo dos próximos días chegará, tamén, ás librarías galegas.

Ao longo dos dez temas musicais que compoñen «As andanzas de Paio», do novo grupo Oviravai, Paio percorre lugares tan remotos como Madagascar, Canadá, China ou o mesmo fondo do océano, onde coñece a unha boa morea de novos amigos. De regreso á granxa na que se atopa a súa teixugueira, cóntalles a todos os animais as peripecias que vén de experimentar na súa particular andaina.

«As andanzas de Paio» inclúe ademais un conto que acompaña os temas musicais, cunha clara vocación instrutiva. Complétase esta faceta coa incorporación dunha Paiopedia final, na que se desenvolven algúns dos termos e conceptos tratados ao longo do libro.

O grupo Oviravai, de recente creación, é o responsable deste novo álbum no que se fusionan diferentes ritmos e estilos musicais. Laura Iglesias, Verónica Santalices, David Álvarez e Federico Welicki, integrantes da banda, son os autores das letras, músicas e ilustracións de As andanzas de Paio, un libro-disco ateigado de sorpresas e descubrimentos.

As entradas están á venda en aTaquilla dende 3€.

Detalles

Fecha:
9 abril, 2016
Hora:
8:00 pm - 9:00 pm
Precio:
3€
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:
, , ,

Local

Auditorio Municipal de Ourense
Rúa da Canle, nº 2
Ourense, Ourense 32001 España
Teléfono:
988 391 290
Ver la web Local