Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Presentación de libro: «Albión Galaica»

6 octubre, 2016 @ 7:30 pm - 8:30 pm

O vindeiro xoves 6 de outubro ás 19:30 horas, a Biblioteca do Concello de Verín acolle a presentación do libro «ALBIÓN GALAICA”. Unha viaxe polas antigüidades e tradicións de Gales e Inglaterra» do autor Miguel Losada.

Este libro recolle as experiencias do autor Miguel Losada e de Rafa Quintía, quen asina o prólogo, vivencias e conclusións xeradas unha viaxe de investigación realizada a Inglaterra e Gales no inverno do 2013.

Estamos ante un libro ameno, rigoroso, enormemente divulgativo e cheo de contidos interesantes que seguro serán do agrado para todos os amantes da historia e a antropoloxía.

Miguel Losada

Nado na Pobra de Trives no ano 1967. Licenciado en Dereito, Diplomado en Xestión Medioambiental e Técnico Proxectista en Aplicacións de Enerxía Solar. Cursou tamén estudos de Antropoloxía e actualmente cursa o Grado de Xeografía e Historia. É membro fundador e secretario da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) onde, ademais de labores de investigación, opera tamén como realizador audiovisual, redactor e tradutor da lingua francesa.

É redactor xefe da publicación Fol de Veleno. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza e como investigador independente é autor de diversos artigos etnográficos publicados en distintas revistas especializadas. É realizador numerosas pezas audiovisuais para o proxecto Arquivo Audiovisual de Antropoloxía Galega.

Detalles

Fecha:
6 octubre, 2016
Hora:
7:30 pm - 8:30 pm
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:
,

Local

Biblioteca Pública de Verín
Av. de Portugal, 11
Verín, Ourense 32600 España
Teléfono:
988 41 36 24