- Este evento ha pasado.
Presentación do libro: «Contos do Sacauntos, Romasanta o criminal»
1 julio, 2016 @ 8:30 pm - 9:30 pm
O venres 1 de xullo ás 20:30 terá lugar na Fundación Vicente Risco de Allariz a presentación do libro de relatos galego-portugués «Contos do Sacauntos, Romasanta o criminal».
Neste primeiro volume dos relatos do Sacaúntos, Ramón Caride, Andrea Barreira Freije, Xosé Duncan, J.Madureira e Fernando Méndez achegan
unha mirada plural ao perfil criminolóxico de Manuel Blanco Romasanta, “O Sacaúntos de Allariz”. Ilustracións de Xabier Varela.
Os respectivos relatos: “Otsabilko 20.51″, “O canto da Peeira”,”A carta do lobo do lume”, “Demónios sem rabo” e “Entrevista ao Sacaúntos na estación das ánimas” son o resultado da aprendizaxe xurdida da convivencia dos autores e autora nas “V Xornadas Romasanta” celebradas en Allariz no Samaín de 2015.