Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Presentación do libro: «De camiños, viaxeiros e camiñantes»

22 junio, 2016 @ 8:00 pm - 9:00 pm

Santiago Lamas e Alfonso Mato presentan a obra «De camiños, viaxeiros e camiñantes», coa que gañaron o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2015, que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia coa colaboración de Gas Natural Fenosa e o Centro Ramón Piñeiro.

O acto terá lugar o mércores día 22 ás 20h en El Cercano de Ourense e nel os autores estarán acompañados polo Secretario Xeral de Política Lingüística Valentín García, Pablo Sánzhez Ferro, presidente do arquivo provincial e membro do padroado da Fundación Otero Pedrayo, e Carlos Lema, director literario da Editorial Galaxia.

De camiños, viaxeiros e camiñantes dialoga desde a actualidade cunha Galicia europea de inicios do século XX, mediante un estilo aberto e rico que, de xeito ameno, nos interroga sobre os grandes desafíos da Galicia de hoxe. En xullo de 1927, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo e Ben-Cho-Shey camiñaron dende Ourense a Santo André de Teixido, no cabo do mundo. Seguindo o ronsel do ensaio e da digresión que descubriu e practicou con singular brillantez Michel de Montaigne, Santiago Lamas e Alfonso Mato proseguen unha peregrinaxe literaria en procura de viaxeiros, paseantes, guías de viaxe, turistas e vagabundos literarios, ademais de describir as actuais e, nalgúns casos, perversas formas de camiñar.

Detalles

Fecha:
22 junio, 2016
Hora:
8:00 pm - 9:00 pm
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:
, ,

Local

Espacio cultural Elcercano
Cardenal Quevedo, 20
Ourense, Ourense España