- Este evento ha pasado.
Presentación do libro: «Fotografiar con mal tiempo»
17 noviembre, 2016 @ 8:00 pm
O vindeiro xoves día 17, ás 20 horas, a Agrupación FotoSintese en colaboración co Centro Cultural Marcos Valcárcel organiza a presentación do libro de Eduardo Blanco Mendizabal, un dos máis recoñecidos fotógrafos de natureza de España. O libro titulase «Fotografiar con mal tiempo».
Unha obra especialmente indicada para aqueles afeccionados a fotografía que desenvolven a súa actividade ao aire libre e os apaixoados da meteoroloxía que desexan mellorar a súa técnica fotográfica. O autor analiza as diversas condicións da atmosféra e os fenómenos fisícos que se dan na natureza (nubes, tormentas, neboeiros, eclipses, neboa, meteoros ópticos, auroras polares, volcáns, tremores de terra, etc.) e aporta consellos prácticos para sacarlles partido. Para iso achega a súa gran experiencia como fotógrafo profesional, xa que ten traballado esta temática durante varios anos visitando lugares como o deserto do Sahara, a selva da Amazonía, o macizo dos Alpes ou o círculo polar ártico, sen equencer o que acontecía ao pé da súa casa.
Ademáis dos valiosos recursos técnicos e dos datos de realización das tomas, neste libro atoparás unha variada galería de imaxes que che servirán de inspiración nas túas próximas saídas fotográficas.