- Este evento ha pasado.
Tangaranho Rock
1 octubre, 2016 @ 9:30 pm - 2 octubre, 2016 @ 3:30 am
A Asociación O Tangaranho promove este sábado na Valenzá o Festival Tangaranho Rock, que conta coa colaboración da Concellaría de Turismo e Promoción Económica de Barbadás e a Deputación de Ourense.
O evento terá lugar o día 1 de outubro, na zona do río da Valenzá, (onde se celebran as festas patronais) desde as 21 horas e ata as 3:30h da madrugada. A entrada é gratuíta e haberá un servizo de autobús desde as 21 ás 4 da mañá entre o parque de San Lázaro e A Valenzá.
Os protagonistas do festival serán:
- Ás 21:00h ULTRÄQÄNS, dende o barrio de Monte Alto (A Couña) chega este grupo creado no 2007. Fusión de folk e rock progresivo que mistura de sons tradicionais e modernos, punk, folk, rock, ska…
- Ás 22.15h MALHEIRA, Rock/metal ourensán. Despois da disolución de Matxetazo na Parrocha xurde Malheira, una banda que fai rock en galego; cun gran compromiso ideolóxico e en defensa da nosa terra.
- Ás 23:30h tocaralle a quenda a AZERO; chegan dende o Baixo Aragón con case 20 anos facendo Rock cunha continua reivindicación e crítica ao sistema capitalista, ao racismo, ao machismo, e en defensa do medio. Sete discos ás súas costas e nalgúns dos seus temas colaboracións de Yosi(Los Suaves) ou El Drogas e Boni (Barricada).
- Pecharán o Festival GINTONICA/ Tributo a Metallica sobre as 00:15h. O mellor tributo a Metállica do momento. Estes madrileños operan dende 2014