- Este evento ha pasado.
Teatro: «As mil e unha noites»
11 agosto, 2016 @ 9:00 pm - 10:00 pm
Na programación de verán de Barbadás, o xoves 11 de agosto representarase «As mil e unha noites», obra de teatro para todos os públicos. Será ás 21 horas no parque dos Patos da Valenzá.
Sinopse
A crueldade do sultán, a intelixencia de Sherezade, a pillería de Aladín, a aventura de Alibabá… todo tornará nun xogo no noso maxín dende o momento no que as personaxes chegan nun carromato procedente das antigas historias de Bagdad.
Veñen subidos en zancos e con aspecto de xenios anunciando unha historia máxica da lonxana Persia e precisan da participación activa do público para que xunto cos despistes e a improvisación propia dos Ghazafelhos a posta en escea sexa inolvidable.
Collendo como pretexto a historia das mil e unha noites e nun ambiente máxico no que non faltará o incenso, as teas e un contador de historias capaz de transportarnos á antiga Persia, poremos en escena tres dos relatos máis coñecidos deste recopilatorio de contos do medio oriente.
Achegaremos ao espectador a unha obra literaria tan importante como é «As mil e unha noites»provocando unha reflexión: os nenos e nenas medran intelectualmente cando son capaces de argumentar as súas decisións.
Tres actores do lonxano oriente veñen a contar a historia de Sherezade e de cómo a o seu inxenio logrou cautivar a un dos sultáns máis despiadados de toda Persia. As mil e unha noites!!