- Este evento ha pasado.
Teatro: Hablar por hablar
26 abril, 2019 @ 8:00 pm - 10:00 pm
Teatro: Hablar por hablar
Teatro Principal. 26 de abril. 20 horas.
A produtora Cornejo Films estreou en xaneiro de 2018 o espectáculo “Hablar por Hablar”, inspirado nas historias de madrugada do lendario programa de radio da Cadena Ser. Baixo a dirección de Fernando Sánchez Cabezudo, o espectáculo pretende levar ao escenario dun teatro o ambiente dun programa de radio de madrugada. «Hablar por hablar», explica o director, “é unha homenaxe á xente corrente que en soidade quere compartir un pedazo da súa humanidade”.
Cunha dramaturxia libremente inspirada nas historias dos oíntes do programa, no libro de Macarena Berlín e coa adaptación de textos do libro de Mara Torres, no texto colaboraron cinco prestixiosos autores: Juan Cavestany, Yolanda García Serrano, Anna R. Costa, Juan Carlos Rubio, e Alfredo Sanzol, que idearon diferentes historias contadas por persoas anónimas alén da liña de teléfono.
A montaxe teatral tratará de rescatar a alma do programa, das chamadas, da noite, dos oíntes, introducirnos nas súas vidas, nos silencios, nos momentos previos ou posteriores a unha chamada onde quizais non atoparemos historias que encherían as primeiras páxinas do periódicos pero que estarán cargadas de humanidade.