Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro: «Moendo Muiñeiras»

27 noviembre, 2016 @ 8:00 pm

3€ – 4€

O Concello da Rúa, coa colaboración de AGADIC Rede Galega de Teatros e Auditorios, presenta o próximo domingo 27 de novembro  «Moendo Muiñeiras», unha obra de Xabier Iglesias con dirección de Paloma Lugilde.

«Moendo Muiñeiras» é un espectáculo que xira ao redor da muiñeira, no que se misturan a partes iguais teatro, baile e música.  Os protagonistas da historia farán un percorrido polas catro formas de muiñeiras conservadas a día de hoxe: muiñeira nova, muiñeira vella, carballesa e regueifa, levados por unha apaixoante trama ao ritmo da zanfona e o violín.

Sinopse

Que pasaría se recibises unha carta anunciándoche que herdas un antigo muíño?  Unha parella de mozos urbanitas ve cambiada a súa vida ao voltar as súas orixes.
Uxía, moza de Brais, herda un muíño de Xosé, alcumado O muiñeiro. Neste muíño, pasarán cousas aparentemente inexplicables, que pouco a pouco iranse comprendendo
ata descubrir a historia dos seus verdadeiros avós, Sofia e Xocas. Unha historia de amor, de vida, de baile e de música acontecida en 1936 entre fariña e muiñeiras.

As entradas custan 4 euros (3 euros para entrada reducida), e estarán á venda en taquilla media hora antes da función.

 

Detalles

Fecha:
27 noviembre, 2016
Hora:
8:00 pm
Precio:
3€ – 4€
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:
,

Local

Centro Cultural Avenida
Rúa do Progreso, 90
A Rúa, Ourense 32350 España
Teléfono:
988 31 01 16