- Este evento ha pasado.
Teatro: «Normas para saber vivir na sociedade actual»
9 diciembre, 2016 @ 9:00 pm - 10:30 pm
5€O Concello de A Peroxa e o Banco de Alimentos de Ourense, representados polo seu alcalde Manuel Seoane e o seu presidente Cecilio Santalices, respectivamente, acordan colaborar de xeito estreito na recadación dunha obra de teatro que se celebrará o vindeiro venres día 9 de decembro as 21:00 no Auditorio da Peroxa.
O custo solidario de entrada a obra será de 5€ que se serán destinados de xeito integro ao Banco de Alimentos. Deste xeito o concello de A Peroxa e os seus habitantes queren amosar o seu apoio ao labor realizado polo Banco de Alimentos sobre todo nestas datas de Nadal.
A obra que se representará será «Normas para saber vivir na sociedade actual» por parte do grupo ourensán de Teatro Sarabela.
Esta actuación enmarcase dentro do programa da Deputación de Ourense «Rede de espazos culturais», polo que a propia Deputación colabora cos concellos adheridos que conten con auditorios para facer actuacións neles.