- Este evento ha pasado.
Teatro: «O Día do Pai»
1 octubre, 2016 @ 9:00 pm - 10:10 pm
A compañía de teatro Malasombra presenta en Celanova a súa obra «O Día do Pai» o sábado 1 de outubro ás 21 horas no Auditorio Municipal Ilduara. Comedia dirixida a maiores de 16 anos.
Sinopse
Tres homes de aspecto e condición social moi distintos, foron citados nunha clínica de reproducción asistida.
Descoñecen o motivo, pero sospeitan -temen- que foron citados para seren obxecto dunha proba de paternidade. Están convencidos de que non teñen nada en común, pero han descubrir axiña que os tres mantiveron unha relación coa mesma muller que os vai someter a unha delirante “proba de paternidade”.
Manuela decidiu ser nai solteira e busca un pai solteiro. Cal dos tres será o máis axeitado para converterse en pai?
“O Día do Pai” é unha comedia trepidante sobre esta singular loita de espermatozoides por conquistar o óvulo. Todos loitarán por conseguir o mesmo obxectivo. Pero, quen será o máis axeitado?
Selección natural nunha clínica de reproducción artificial.
Pero, de verdade: por que os homes queren ser pais?