Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Vídeo forum: «O imperio contraataca: O lado escuro dos novos tratados de libre comercio»

1 junio, 2016 @ 8:00 pm - 9:00 pm

A Plataforma Cidadá de Ourense “Non ao TTIP” organiza este mércores 1 de xuño, no local da Asociación Cultural A Galleira, un novo vídeo fórum, baixo o título “O imperio contraataca: O lado escuro dos novos tratados de libre comercio”. Durante o acto, que se celebrará a partir das 20 horas, poderanse ver e debater senllos documentais sobre o impacto dos tratados de libre comercio que negocia a Unión Europea (TTIP-CETA-TISA) nos ámbitos do emprego e as finanzas.

“Estes tratados traen unha maior desregulación do mercado de traballo e do mercado financeiro, o que quere dicir maior precariedade para os traballadores e máis enriquecemento sen control para a banca”, din desde a plataforma. E, engaden, “é fundamental que a cidadanía estea informada e haxa un debate público sobre estes temas tan importantes. Só así podemos garantir a supervivencia da democracia”.

Detalles

Fecha:
1 junio, 2016
Hora:
8:00 pm - 9:00 pm
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:
,

Local

A.-C. A Galleira
Praza de San Cosme
Ourense , Ourense España