A Xunta investirá no vindeiro exercicio 282 millóns de euros máis en gasto social

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, participou en Celanova nun xantar cos participantes da andaina de Centros Sociocomunitarios, e animou aos responsables desas instalacións a continuar traballando como ata agora.