O Concello de Verín inicia as actuacións de recuperación do xacemento arqueolóxico do Bouzadoiro

No contorno do Pozo do Demo, atópase o xacemento arqueolóxico do Bouzadoiro, que nas vindeiras semanas será recuperado por parte do Concello de Verín, co obxecto de poñelo en valor así como o espazo natural e paisaxístico no que está situado.

O play off xa está en Ourense

Este venres 24 de abril o Club Ourense Baloncesto xoga o primeiro partido da primeira eliminatoria do play off polo ascenso a ACB.

A Unión Deportiva Ourense canta o alirón

Sufrida vitoria da UD Ourense contra o Sporting Carballiño para proclamarse campión do grupo 13 da Terceira Autonómica.

Compromiso «ensina músculo» en Barbadás

Compromiso por Galicia en Barbadás

Ramón Padrón Calviño encabeza unha «potente» candidatura de 30 persoas, 17 titulares e 13 suplentes que buscan entrar con forza no concello.

O PP de Allariz presenta unha candidatura «preparada para gobernar en favor da igualdade de oportunidades»

Lista do PP en Allariz

 A candidata popular, Luz Doporto Real, sinalou que a candidatura que a acompaña ten unha marcada vocación de goberno «a capacidade, o mérito e a igualdade serán o noso sinal de identidade, a nosa marca persoal para acabar cos contratos a dedo no Concello de Allariz. Queremos igualdade de oportunidades».

Bibiana Iglesias repite como candidata socialista en San Cibrao

Os militantes de San Cibrao das Viñas reelexiron en asemblea á concelleira Bibiana Iglesias como candidata á alcaldía nun Concello onde «gobernar os socialistas empeza a ser unha necesidade».