O grupo municipal do PPOU desminte ao candidato socialista sobre o seu cambio de criterio sobre a expropiación das Burgas

Os populares recalcan que o proxecto que defende Jesús Vázquez está baseado «na seguridade xurídica e no consenso», co fin de evitar que o asunto chegue aos tribunais e se paralice o desenvolvemento da zona.

Anova Ourense presenta a súa candidatura ás municipais

Buscan “ofrecerlle á cidadanía una alternativa aos partidos tradicionais que non foron capaces de xestionar e facer oposición pensando nas persoas e si nos seus intereses propios”, aseguran.

UD e Galicia F7 Cup firman un convenio

Galicia F7 Cup quere implantarse en Ourense tralos éxitos na Coruña e Vigo. Para elo, firma un convenio coa Unión Deportiva Ourense.

O PP de San Cibrao das Viñas presenta unha candidatura»para revalidar a maioría absoluta»

O candidato popular, Manuel Pedro Fernández Moreiras, fixo una lembranza a Estrella Martínez, que decidiu non continuar como concelleira por motivos laborais; e a Rafael Pérez Dávila, que tras 34 anos como concelleiro decidiu colaborar coa candidatura pechando a lista.

O Consello da Xunta declara Parada do Sil Municipio Turístico Galego

O candidato do Partido Popular á alcaldía de Parada do Sil, Ignacio Martín Amaro, acolle «con inmensa satisfacción» a decisión do Consello da Xunta de declarar Municipio Turístico Galego a esta localidade situada no corazón da Ribeira Sacra.