Clausúranse tres obradoiros de emprego na provincia

O delegado terriorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, entregou os diplomas aos desempregados que participaron nos obradoiros de emprego «Agrupación Carbosam 2014», «San Antón» e «Conso-Frieiras II».

Unha cláusula do convenio do Couto pódese incumprir esta semana

A Unión Deportiva Ourense xoga este venres na Copa e o Ourense CF o fará o domingo en Liga. O convenio cita na clásula terceira que non se poden disputar dous encontros no estadio na mesma semana.

O PSOE reclama a escola infantil de Maceda

A candidata socialista Ana María Rodríguez denuncia que o Concello cedeu terreos á Xunta para a súa construción no 2008, pero na actualidade aínda non comezaron as obras.

O último filme de Jean-Luc Godard, no ciclo CGAI do Cineclube Padre Feijoo

Jacobo Sutil e Manuel Precedo

O Cineclube Padre Feijoo de Ourense inicia o vindeiro 6 de abril o ciclo de exhibición de películas para 2015 procedentes da programación do CGAI (Centro Galego das Artes da Imaxe) coa proxección de ‘Adiós al lenguaje’ (Adieu au langage), o último filme do cineasta francés Jean-Luc Godard, que poderá verse na sala da Biblioteca Pública Nodal de Ourense.

O inservible reconvertido en arte

A Sala de Exposicións de Verín acolle, do 21 de marzo ao 25 de abril, a mostra «Reconstrución combinada» de Andrea Costa.