Xosé Mosquera vence nas primarias de Ourense en Común

Ourense en Común

O interventor da Deputación e membro de Compromiso por Galicia obtivo 435 votos, fronte aos 407 do líder veciñal Miguel Doval, nunhas votacións que a plataforma cidadá cualificou de históricas.

O BNG pide unha solución para evitar a perigosidade no túnel de Barrocás

A voceira nacionalista Susana García pedía unha solución urxente para evitar a perigosidade de circulación no túnel de Barrocás. O túnel (por enriba pasan as vías do tren) comunica a rúa Ramón Puga co barrio de Barrocás.

O Paseo das Ninfas, pechado durante dúas semanas

Durante dúas semanas pechará o Paseo das Ninfas para acometer as obras de EDAR que están con inicio da instalación das arquetas de conexión.

Unha máis para a UD Ourense

A Unión Deportiva Ourense suma a 22ª vitoria na Terceira Rexional ao vencer 3-1 ao Barra de Miño.

Roberto Dacosta, MVP de febreiro

O media punta da Unión Deportiva Ourense, Roberto Dacosta, foi elexido polos simpatizantes da Unión Deportiva Ourense como o xogador máis valioso do mes de febreiro.