Cartelle e Outumuro renovarán o seu saneamento e abastecemento

O Diario Oficial de Galicia publica a licitación da renovación do saneamento e abastecemento nos núcleos de Cartelle e Outomuro, no Concello de Cartelle, por un orzamento de máis de 130.000 euros.

Sanidade anuncia a licitación da construción do centro de saúde da Valenzá

O Diario Oficial de Galicia publica unha Resolución da Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde, pola que se anuncia a licitación da obra de construción do Centro de Saúde de A Valenzá, por un importe de 3,6 millóns de euros e un prazo de execución de doce meses.

As intervencións da Xunta na Catedral ourensá ascenden a 1,8 millóns

Conselleiro Cultura na Catedral co bispo

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou a Catedral de San Martiño de Ourense, onde puido comprobar tanto o avance das obras actualmente en marcha como o estado das zonas sobre as que o seu departamento prevé novas intervencións.

O Concello de San Cibrao das Viñas será sancionado con 10.000 euros por vertidos ao Barbaña

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil vén de remitir a Amigos da Terra a proposta de resolución do expediente sancionador contra o Concello de San Cibrao das Viñas polos vertidos realizados no pasado mes de agosto e que foran denunciados por Amigos da Terra e outros colectivos, ademais de varios particulares.

Publicado o Ourense por Barrios de febreiro

Portada Ourense por Barrios febreiro 2015

Destacamos en portada a inauguración do novo edificio xudicial e a entrevista que fixemos ao presidente da asociación veciñal Arranxar, Eladio Pérez.

Publicado o número 114 de Barrios Deportivo

Portada Barrios Deportivo 114

Nel levamos á portada a primeira edición da Miño Radikal e o Campionato galego de natación júnior e infantil celebrado en Ourense.