A selección galega sub 21 xógase pasar á fase final en Ourense
Esta fin de semana e o luns disputarase en Ourense (pavillón dos Remedios) a fase previa do Campionato de España de seleccións sub 21 de fútbol sala feminino coa presenza de Galicia, Madrid e Aragón. O vencedor desta eliminatoria disputará as semifinais do torneo que terán lugar en Murcia no mes de marzo.