Ourense

O PSOE de Xinzo promete baixada de impostos

Elvira Lama asegura que, cando chegue á alcaldía, os revisará para reducilos, “empezando polo IBI que o PP subiu un 60% en catro anos”.

Ourense en Común creará un observatorio da lingua

Este órgano xestionará a política lingüística municipal, será transversal a tódalas concellerías e asegurará o fomento da normalización do galego.

A rehabilitación integral do casco histórico e de Covadonga será unha realidade co goberno de Jesús Vázquez

O candidato popular á alcaldía de Ourense solicitará a declaración de área de rehabilitación (ARI) para o barrio de Covadonga, co fin de acadar melloras nas súas vivendas en colaboración con outras administración.

As contas do Concello, en perigo de embargo segundo o PP

Este 15 de maio finalizaba o prazo fixado polo Xulgado para o pago de máis de 2,5 millóns de euros e os populares non teñen constancia de que se abonaran.

O Concello remite a Fomento as alegacións ao proxecto de integración da alta velocidade na cidade

Os informes realizados polos departamentos de enxeñería, arqueoloxía e patrimonio tentan garantir a solución máis axeitada para a futura conexión con Monforte e a diminución do impacto das conexións de túneles e cubrición de vías.