Ourense

Vistoso desfile de entroido en Ourense

Desfile entroido Ourense 2015

Unhas 70 comparsas participaron na tarde do domingo nun multitudinario desfile polas rúas da capital ourensá. Con galería de imaxes e premiados.

Serviocio acolle unha mostra de carteis da Festa da Pita

Esta exposición é froito do convenio de colaboración asinado entre o centro deportivo e a Asociación dos Amigos da Pita, que inclúe un programa de actividades que achegan o Entroido d’As Eiroás aos usuarios deste centro.

Este luns entra en funcionamento o Punto Limpo Móbil do Concello de Ourense

Nel poderanse reciclar pequenos residuos xerados no fogar (como aparellos eléctricos e electrónicos, pilas, mobles, papel e cartón, radiografías ou lámpadas, entre outros). Terá sete zonas de recollida na cidade, de luns a sábado.

Fin de semana grande de Entroido en Verín

Bautizo do Cigarrón

Do 13 ao 15 de febreiro, Venres de Compadreo, Sábado de Entroido, Domingo Gordo e Luns Fareleiro na vila do Támega.

Exposición “Os cerebriños do arco da vella”, no Centro Cultural Marcos Valcárcel

Exposición Flor Fernández

A escultora Flor Fernández Santamarina (Estevesiños, Monterrei), acto que contou coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; da escultora; do director do Centro Cultural, Francisco González, e do asesor de Cultura da Deputación, César Fernández.