Ourense

O coordinador nacional de campaña do PP enxalza os programas electorais participativos dos populares ourensáns

Jorge Pumar e Carlos Floriano

Nunha reunión en Madrid, o coordinador de campaña provincial, Jorge Pumar, explicoulle a Carlos Floriano os mecanismos telemáticos postos en marcha polos populares ourensáns, así como o plan de acción de campaña planificado polo PPOU.

«Antón Risco, con nome propio» percorre 50 anos de amizade entre Arturo Lezcano e o escritor

Presentación libro sobre Antón Risco

A Deputación de Ourense presentou esta obra nun acto que tivo lugar no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” e no que participaron o presidente provincial, Manuel Baltar; o autor do libro, Arturo Lezcano, e o presidente da Fundación Vicente Risco, Luis Martínez-Risco Daviña.

Previsel visibiliza os esforzos dos axentes sociais contra a sinestralidade laboral

Previsel en Expourense

O Salón da Prevención e Seguridade Laboral abriu as portas da súa 10ª edición en Expourense presentando unha cita que contribúe a facer visible o traballo realizado por administración, patronal, sindicatos e traballadores para implantar a cultura da prevención na sociedade e para loitar contra a sinestralidade laboral.