Ourense

Milleiros de persoas visitaron esta fin de semana a Mostra de Oportunidade

Clausura Mostra da Oportunidade

A organización calcula que foron máis de 13.000 os visitantes que visitaron a 22ª Mostra da Oportunidade en Expourense e aproveitaron os mellores prezos en milleiros de artigos que ofrecían descontos que partiron dende o 30 ata o 70%.

Cultura destinará 300.000 euros a dúas novas actuacións de conservación na Catedral de Ourense

Reunión conselleiro co bispo sobre a Catedral

Así se acordou nunha reunión mantida co bispo de Ourense, Leonardo Lemos Montanet; e mais co deán, José Perez Domínguez, na que se concretou que as obras se centrarán na reforma do sistema eléctrico e na substitución de luminarias na cuberta e interior do templo, e na restauración das reixas da Capela Maior e da decoración románica da cabeceira da catedral.

A Eurocidade Chaves-Verín conságrase como a primeira oferta turística transfronteiriza da Península

Foi presentada en FITUR como un destino biosaludable en torno á auga mineromedicinal e termal, que tamén está conformado por un territorio de impresionante natureza, incomparable legado histórico e cultural, e de extraordinaria riqueza gastronómica.

Jesús Vázquez, candidato do PP á alcaldía de Ourense

O Comité Electoral do PPOU  acordou por unanimidade que Jesús Vázquez sexa cabeza de lista dos populares para as vindeiras eleccións municipais. Vázquez é conselleiro de Educación dende abril de 2009 e asumiu tamén as competencias de Cultura dende 2012.