Ourense

Ourense en Común celebra unha xornada participativa este sábado

Preténdese deliberar sobre o regulamento para as eleccións primarias das que deberá sair a candidatura para as eleccións municipais de maio. O acto será no Centro Cívico da Ponte ás 18 horas.

Juana Ageitos asume as competencias de Soto, agás Urbanismo

O alcalde de Ourense, Agustín Fernández asinou este xoves o decreto no que delega na concelleira Juana Ageitos as atribucións das áreas de Infraestruturas, Augas e saneamento, Servizos Xerais, Contratación e Sistemas de Información.

O PPOU «aplaude» o «premio» anunciado polo alcalde de Ourense á «ineficaz» xestión da edil de Comercio, próxima «superconcelleira»

Os populares amosan a súa repulsa pola falta de decoro institucional do alcalde, que non se dignou a atender a petición de xunta de portavoces formulada polo Grupo Municipal do PP hai catro días nin de informar persoalmente aos grupos políticos.

O Círculo Poético Ourensán convoca o IV concurso de poesía inédita

O Círculo Poético Ourensán, coa colaboración da Concellaría de Educación do Concello de Ourense, convoca o IV concurso de poesía inédita para alumnos e alumnas dos colexios de Primaria e da ESO da cidade de Ourense.

Os socialistas únense ás críticas sobre o colapso en sanidade

A Executiva Municipal Socialista únese as queixas sobre a «gravísima situación de desprotección sanitaria na que moitos e moitas ourensáns se atopan cando acuden aos centros sanitarios do SERGAS, especialmente ao Servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUOU)».

Os responsables sanitarios do CHUO garanten a calidade asistencial

O hospital continúa a manter unha alta porcentaxe de ocupación e o descenso de atencións urxentes fai prever unha progresiva diminución dos ingresos que estes días superaban a súa media habitual.