Provincia

O BNG pide que o presidente de ADIF aclare se se vai retrasar o remate do AVE

Polos novos trámites ambientais no tramo Taboadela-Seixalbo. As deputadas do BNG presentaron tamén unha pregunta parlamentaria á ministra de Fomento para demandarlle celeridade nos trámites ou que opte por outras posibilidades.

O Comité Termal Ourensán constitúese o vindeiro martes en Cortegada

O órgano executivo do Consello Termal constituirase o martes na Casa do Concello de Cortegada, onde celebrará a súa primeira xuntanza. Na orde do día desta reunión figura a distribución aos membros, do Plan Termal “Ourense, á provincia termal”.

Aprobado o Plan de Acción da Reserva da Biosfera Gerês-Xurés

Este documento implica medidas e actuacións por un investimento de 2,6 millóns de euros. O plan consta de catro eixes prioritarios: a imaxe e identidade da Reserva da Biosfera, o desenvolvemento socioeconómico, a conservación da natureza e a participación social e integración da comunidade.