Verín

‘Día do Libro’ na Biblioteca de Verín

Haberá contacontos e obradoiro de manualidades para confeccionar marcapáxinas de cartolina e goma eva. As actividades están dirixidas a cativos de entre 3 e 9 anos.

Concerto solidario en Verín

Terá lugar este sábado na Igrexa Parroquial ás 17 horas. O diñeiro recadado entre a venda de entradas e as doazóns dos asistentes será destinado a Cáritas Verín.

A Plataforma en Defensa do Partido Xudicial de Verín acusa a Jiménez Morán de intentar frear a súa loita

O rexedor verinés rexeitou que se debatera a moción presentada sobre a supresión dos rexistros civís na asamblea da Mancomunidade de Concellos de Verín, alegando que o ministro de Xustiza xa garantira a gratuidade deste servizo.

O Concello de Verín inicia as actuacións de recuperación do xacemento arqueolóxico do Bouzadoiro

No contorno do Pozo do Demo, atópase o xacemento arqueolóxico do Bouzadoiro, que nas vindeiras semanas será recuperado por parte do Concello de Verín, co obxecto de poñelo en valor así como o espazo natural e paisaxístico no que está situado.

A Xunta ultima os trámites para a aprobación definitiva do PXOM de Oímbra

Reunión sobre o PXOM de Oímbra

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, reuniuse co alcalde de Oímbra, Alfonso Villarino, co fin de seguir avanzando no Plan Xeral, cuxa aprobación definitiva porá fin ás normas subsidiarias de planeamento vixentes dende 1991.

Certames de relato curto e poesía en Verín

O Concello de Verín convoca estes dous concursos entre os estudantes da comarca para fomentar a súa creatividade. Repartiranse 360 euros en premios e lotes de libros.

A fachada do Concello de Verín será o taboleiro dun concurso científico

A Casa Consistorial da vila ourensá será este venres a partir das 21:30 horas a pantalla de Big Ciencia, unha innovadora actividade de divulgación que chega esta primavera a localidades das catro provincias.

O complexo da Granxa e a piscina climatizada de Verín, zonas cardioprotexidas

As instalacións deportivas do complexo da Granxa e a piscina climatizada de Verín son, desde principios de semana, zonas cardioprotexidas con desfibrilador externo semiautomático (DESA) e persoal autorizado para a utilización do mesmo.